Rural Vs Urbano ?¿

20/11/2012

MEDIO3.png

Poderiamos definir o espazo rural como o oposto do urbano, o espazo rural podería definirse entón a grandes rasgos como área de menor densidade poboacional, maior dispersión, maior agricultura, menos servizos, máis natureza e menos tecnoloxía,por exemplo. Polo tanto, o urbano sería o oposto a estes rasgos;  sería quizás demasiado atrevida esta definición, aínda que posiblemente se percibe máis facilmente.

Realmente non todos os espazos xeográficos se poden clasificar nalgunha destas dúas categorías tan facilmente, os espazos xeográficos non os podemos considerar entidades homoxéneas, pois teríamos zonas intermedias que se sairán destos límites. 

Por outra parte, antes de diferenciar ambos espazos quizás teríamos que definir primeiro os límites dos mesmos pois éstos quizás sean un traballo máis laborioso do que nun primeiro intre poderíamos imaxinar todos; voltamos pois ó titulo desta páxina: Rural Vs Urbano??? Persoalmente considero que os límites non están tan claros como  para contrapor estos dous conceptos,  penso que realmente estos límites pertencen quizás máis a percepción de cada individuo que a unha percepción de carácter xeral que poida xeral uns límites máis definidos. Está claro que unha persoa de China pode considerar que os límites do rural co urbano pode atoparse en poboacións inferiores a 200.000 habitantes, pois a súa percepción do rural é moi distinta o do que pode ser a nosa, xa que se compartísemos a mesma, teríamos que reconsiderar a localización da nosa capital autónoma, pois Santiago de Compostela (con aproximadamente 96.000 hab.) atopariase no rural. Dedúcese pois a importancia da percepción nestos espazos e, sobre todo, á hora de definilos, porque quizás para algún Chino, por exemplo, Galicia seria integramente rural, o cal faría que máis dalgún político arrancase nun intre os poucos pelos que lle puidesen quedar na cabeza ante tal revelación.

 

A continuación, pódese observar un video que atopei en YouTube que intenta mostar a grandes rasgos as principais paisaxes xeográficas, creo que realmente pode ser util a hora de percibir visualmente os límites de dous espazos tan diferentes, como espazo rural e o espazo urbano, incluso diferencia zonas intermedias, pero sen afondar demasiado, tampouco a intención e de profundizar en esceso no tema; finalmente persoalmente considero que sempre debemos ter en conta os termos da percepción individual pois non todos os casos son perceptibles da mesma maneira, pois poden afectar inumerables variables.

Debes instalar Adobe Flash para ver este contenido

Comentarios

Comentario de Rocio el
Partindo da base de que establecer os limites entre medio urbano e rural non é tarefa facil para min o rural non é tan so uns datos de poboacións senon que tamen é unha forma de vida,un xeito de comportarse...por eso despois de vivir toda a vida no rural agora que estou escribindo esto dende a capital dun pais por tanto considerada como medio urbano podo decir que non hai como vivir no rural,como sair a rúa e que che chamen polo teu nome,como poder respirar ese aire fresco,e sen ter que vivir o agovio de xente a todas horas no metro no bus...
Está claro para min,este partido gañao o medio rural sen dubida!!!
Comentario de JR Sampedro el
Rocio, realmente comparto moitas das tuas percepcións, pero quizas non todas, pois cuestións como o anonimato que permiten as cidades a veces resulta moi relaxante, pois eu que tamén son do rural, estaras conmigo en que, a veces parece que o veciño de turno durme debaixo da túa cama :) .... Tamén me gustaria destacar que comparto a túa opinion en que os límites do rural non se deben delimitir con simples datos de población, pois as percepción no meu parecer son realmente as cuestión que máis debemos valorar.
Comentario de dolores el
xa era ora q a xente nova se preocupara de estes temas eso quere decir que o monte xa non vai ser o gran olvidedo parabens por o que facedes

Localización

Dónde estamos por si nos queres visitar

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos