EuRural é unha paxina que nace como iniciativa prosposta polo profesor de Espazo rural e desenvolvemento local, Carlos Ferras (enlace a paxina do profesor), con esta paxina intentarei que sirva de apoio para as diferentes prácticas que se realizaran o longo do curso, traballos de campo e demais información que poda resultar interesante así como poida levar a temas de debate e discusión.
O responsable da páxina: Son José Ramón Sampedro Guimarey alumno de 3º curso do grado de Xeografia e ordenación do territorio. Son natural de un pobo do rural preto a Santiago de Compostela, denominado Urdilde pertencente o municipio de Rois, e situado os pés dos montes do Oleirón. Son fillo dun larga xeracion de gandeiros, polo que me considero do rural profundo, de hai que teña unha perspeciva do rural persoal máis ou menos obxetiva da realidade, non quero decir con elo que sexa a acertada.
Enmarcado na comarca do Sar e na parte mais oriental da serra do Barbanza, Urdilde é unha vila típicamente rural que non chega os 1000 habitantes, donde gran parte da sua pobalación vive do sector primario, ainda que cada vez menos debido a transformación que esta a sufrir rural e a previsión dun futuro pouco esperanzador para o mesmo, esto xunto coa a sua relativa cercania da capital autonoma (aprox. 18km), podemos prever nun futuro cercano a evolución da vila hacia unha vila dormitorio de traballadores da cidade.